A Xunta anuncia novas restricións en Lugo e Arteixo ante o incremento dos contaxios de coronavirus
As reunións sociais estarán limitadas a un máximo de dez persoas en toda a cidade lucense, onde todas as festas quedan suspendidas, os centros de día pechados e restrinxidas as visitas a residencias, ademais de limitar ao 50% a capacidade de locais. No barrio da Milagrosa e no concello de Arteixo as medidas son máis duras, con xuntanzas limitadas a 5 persoas e a prohibición de bares de servir no seu interior