O que acontece se dás positivo no estudo da Xunta sobre o coronavirus
Feijóo di que calquera positivo será sometido a unha proba PCR, malia que o protocolo non o ordena. Persoal encargado do estudo aclara que os tests identifican anticorpos pero non se a persoa segue enferma, e que o método, por vía capilar e non venosa, provocará "moitos falsos negativos".