Acontece
A Xunta endurece un mes despois as condicións da reapertura dos centros de día, que segue sen data
Política Social envía agora un novo protocolo a cada instalación, que deberá especificar as medidas para adaptarse ás novas esixencias, tras a guía remitida o pasado mes de maio.
- Datos Coronavirus
- Acontece
Dous novos diagnósticos de coronavirus en Galicia e outra semana sen mortes pola doenza
O número de "positivos activos" que indica a Xunta aumenta en dous casos pero a suma dos positivos comunicados polo Sergas dende o inicio incorpora cinco casos novos
- Datos Coronavirus
- Acontece
O Estado volve revisar a serie histórica do coronavirus e recoloca o primeiro caso galego en febreiro
Como xa advertira, o Ministerio de Sanidade segue a revisar a serie da covid-19, que para Galicia é a única pública porque o Sergas non divulga a súa. O primeiro caso galego ten agora data de inicio de síntomas no 2 de febreiro e sitúase na provincia de Ourense, pero o incremento exponencial segue comezando na segunda semana de marzo
DomusVi rebélaselle á Xunta e cúlpaa ante as familias dos anciáns pola xestión do coronavirus
A directora da residencia da empresa en Compostela acusa o Goberno galego de tardar 9 días en comezar a hospitalización de enfermos de coronavirus e de rexeitar o traslado dos máis dependentes. Vellez Digna atopa verosímil a denuncia "pois algo debeu pasar para que deixasen morrer tantas persoas", pero ve tamén un intento da empresa de "escusarse" pola mala xestión realizada
- Datos Coronavirus
- Acontece
A incidencia do coronavirus, en niveis mínimos dende o inicio da pandemia en Galicia
Este 17 de xuño o Ministerio de Sanidade indica un diagnóstico novo en Galicia e o Sergas suma catro casos novos directamente como "curacións". O número de persoas falecidas segue sendo 619, segundo o Sergas, que non dá conta de novas mortes ligadas á pandemia dende o pasado día 11
A Xunta prevé iniciar o curso escolar o 10 de setembro e o profesorado critica que "non teña en conta" o coronavirus
O curso 2020/21 en Galicia terá un día lectivo máis do habitual e as vacacións de Nadal rematarán o 8 de xaneiro. Os sindicatos educativos critican que a Consellería opte por un "calendario normal, como se non pasase nada".
Catro diferenzas entre o Ingreso Mínimo Vital e a Risga reivindicada por Feijóo
O presidente da Xunta, que vén cuestionando a axuda posta en marcha polo Goberno central, asegurou este martes nunha entrevista que o IMV "existe en Galicia dende 1991", en referencia á Risga. Porén, hai importantes diferenzas entre unha e outra , comezando pola súa contía, a súa cobertura, a compatibilidade con outros ingresos e a burocracia.
- Datos Coronavirus
- Acontece
O Ministerio suma un diagnóstico máis de coronavirus en Galicia e os "activos" do Sergas inclúen tres novos
A Xunta suma dous novos positivos na área sanitaria de Vigo e un na da Coruña mentres o Goberno central indica que Galicia notificou un novo diagnóstico da covid-19 nas últimas vinte e catro horas. O número de falecementos segue en 619 tras outros cinco días seguidos sen novas mortes
Longas ringleiras ante os concellos no primeiro día para solicitar o Ingreso Mínimo Vital, que beneficiará uns 40.000 fogares galegos
Vigo e Ourense rexistraron importantes colas ante as oficinas municipais. Mentres, Santiago habilitou dous puntos de información que xestionarán as 620 citas previas xa concedidas. O delegado do Goberno central, Javier Losada anuncia que cando menos 7.000 fogares "xa percibirán a prestación este mes de xuño"
Decaen en Galicia os procedementos sancionadores abertos polo estado de alarma
Durante o estado de alarma, as forzas de seguridade ditaron case 45.000 propostas de sanción en Galicia e practicaron 252 detencións. A lei que regula esta figura excepcional estipula que, ao seu remate, "decaen" as medidas adoptadas polas autoridades para garantir o cumprimento das restricións "agás as que consistisen en sancións firmes"
A Xunta segue sen pór data á volta aos centros de día, que xa reabriron na maioría das autonomías
Case todas as comunidades teñen xa abertos estas instalacións ou fixada unha data próxima para reabrir as súas portas, mentres o Goberno galego continúa sen aclarar se adiantará un regreso que nun principio estableceu para setembro.