Acontece
- Datos Coronavirus
- Acontece
As altas de pacientes de coronavirus en Galicia medran o dobre que os novos casos e as mortes xa son 369
Os positivos activos chegan este 13 de abril aos 5.939 en Galicia, que segundo o Sergas xa rexistrou 369 falecementos pola covid-19. O número de persoas na UCI polo virus baixa por noveno día consecutivo
DomusVi ofrece emprego a estudantes de Medicina e Enfermaría nas residencias que suman máis mortes por coronavirus
Segundo os datos coñecidos a través da Xunta, os centros de DomusVi en Santiago e Cangas concentran uns 40 falecementos ligados ao coronavirus, respectivamente. A empresa subliña que os estudantes de último curso de Enfermaría e Medicina traballarán con "supervisión", na liña do estipulado polo Ministerio
Por un minifundio para o coidado das persoas maiores
Sagrario Fernández Méndez
- Datos Coronavirus
- Acontece
O coronavirus remite en toda Galicia agás na provincia de Ourense, que duplica a incidencia do resto de áreas sanitarias
A curva acadou o seu máximo ao redor do día 30 de marzo, iniciando dende entón un descenso. A pesar de que seguen a producirse mortes cada día, as boas novas chegan dende as UCI, que dende hai unha semana veñen reducindo o número de casos. Porén, a incidencia da enfermidade en Ourense é moi superior ao do resto do país
- Datos Coronavirus
- Acontece
O número de persoas ingresadas na UCI con coronavirus acada o seu nivel máis baixo en Galicia dende o 30 de marzo
Segue a aumentar a cifra de mortes, con 13 novos falecementos, que elevan o rexistro total ata as 360. Pero tamén o fai o número de altas, que xa suman 1.143. Nas residencias de maiores, o número total de casos pasou de 1.285 a 1.327, un incremento de 42 positivos que representa case a metade do ascenso para o conxunto do país
A Xunta intervén outra residencia de maiores no Barco ante o elevado número de contaxios de coronavirus
Esta residencia privada convértese na terceira intervida polo Goberno galego, despois dos centros DomusVi de Aldán e Barreiros, en Cangas e Vigo. Ata onte sumaba 79 casos de coronavirus, do total de 1.327 que rexistran os centros asistenciais.
Opositoras e opositores docentes reclámanlle á Xunta o aprazamento das probas polo coronavirus
O cambio de posición do Goberno galego, que mantén ata comezos de maio a incerteza sobre a data definitiva de celebración das oposicións do profesorado, recibe duras críticas de sindicatos e das persoas que preparan os exames. Vén de difundirse un modelo de escrito de reclamación para esixir unha modificación do calendario.
Colectivos de mulleres reclaman que se manteñan os dereitos das embarazadas durante o estado de alarma polo coronavirus
11 entidades denuncian que tanto o Sergas como as entidades sanitarias privadas "están a conculcar os dereitos sanitarios das mulleres e dos seus bebés durante o parto" e sinalan que "os estritos protocolos definidos por algúns centros xeran unha situación de discriminación ao determinar o lugar de residencia se vas a poder parir con acompañante ou non"
Estas son as recomendacións do Ministerio de Sanidade para as persoas que regresan aos centros de traballo
Entre as persoas que volven á actividade están os traballadores e traballadoras da industria e da construción. Pídese que se respecte unha distancia mínima de dous metros en todo momento, que non se compartan equipos ou maquinaria e que se usen máscaras faciais no transporte público.
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia segue a reducir o número de ingresos hospitalarios polo coronavirus, pero rexistra 29 novos falecementos
Galicia suma 5.747 casos activos de coronavirus, cun incremento de 116 dende onte. As boas novas chegan polo aumento no número de altas, que supera as mil por primeira vez (1.082, 85 máis ca onte) e polo descenso no número de hospitalizacións. Porén, tamén aumentan as mortes, co aumento máis importante en 24 horas.
Por unha resposta humana a esta crise estudantil
Bruno Arias