O Ministerio de Sanidade autoriza a mobilidade entre as provincias galegas a partir do luns
O BOE deste sábado publica a orde que converte a totalidade de Galicia na "unidade territorial" de referencia dentro da que se poderá circular libremente partir da medianoite do domingo ao luns. O presidente da Xunta pasa a ser a "autoridade competente" encargada de xestionar o proceso de desconfinamento.