- Datos
- Acontece
Galicia tivo o pasado ano 4.000 nacementos menos que antes da posta en marcha do cheque-bebé da Xunta
Con só 15.601, o 2019 convértese no ano con menos novas inscricións na historia de Galicia dende que existen rexistros. En 2015 e 2016 o Goberno galego lanzou unha serie de medidas de fomento da natalidade que foron incapaces de frear a tendencia negativa. Dende entón, os nacementos caeron un 20%.