Acontece
A Xunta manterá as oposicións do profesorado en xuño se o estado de alarma polo virus non se prorroga
"No caso de non prorrogarse o estado de alarma, o Goberno galego estaría en prazo para levar a cabo o procedemento con normalidade", di a Consellería de Educación.
Proposta de organización de saídas de crianzas a espazos ao ar libre durante o confinamento por pandemia
Mónica Rodríguez Vázquez
O Sergas confirma hospitais de campaña na Coruña e Santiago para o coronavirus e "non descarta" outro en Vigo
A Xunta estima que instalará unhas 400 camas nos hospitais de campaña de Expocoruña e o Fontes do Sar e mantén que toma a decisión asumindo tamén que vai usar "todas as camas dispoñibles nos centros privados". Feijóo valora como "máis urxente" o hospital de campaña na Coruña e, malia desbotalo inicialmente, xa non "descarta" instalar outro no Ifevi de Vigo
- Datos Coronavirus
- Acontece
Os positivos activos por coronavirus en Galicia achéganse aos 4.000 e o ritmo de hospitalizacións segue baixando
Hai 3.758 casos positivos activos e xa foron dadas de alta 187 persoas. Os falecementos ligados á covid-19 no país son xa 94. Sete de cada dez persoas con positivos detectados e aínda activos están illadas no seus domicilios, un total de 2.789, mentres as hospitalizacións ordinarias aumentan ao 7% e as entradas na UCI, ao 9%
- Obituario | Xosé Luís Franco Grande
- Acontece
Morre Xosé Luís Franco Grande aos 84 anos de idade
Nacido en Tebra (Tomiño) en 1936, este escritor e avogado formaba parte da xeración de galeguistas que viviu os anos escuros do Franquismo e que serviu de ponte entre a Xeración Nós e os grupos que viñeron despois. Publicou ensaio, poesía e mesmo teatro e en 1968 foi autor dun Diccionario Galego-Castelán que tivo unha grande importancia durante anos
- Mapa
- Acontece
Goberno central e Xunta seguen a mudar o listado de aloxamentos turísticos esenciais durante a pandemia
O Goberno galego asume “a posible necesidade” de ter que compensar ao máis dun cento de establecementos que identifica Turismo de Galicia
Enquanto o andazo durar
Gabriel Vezeiro-Sueiras
- Entrevista | Vellez Digna Coronavirus
- Acontece
"Cando deixas o benestar dos maiores en mans de empresas ás que só lles importa gañar cartos, pasa o que pasa"
Hai máis de 400 casos activos de coronavirus nas residencias de maiores galegas, nas que xa se rexistraron 17 falecementos. Usuarios e traballadores alertan da que a falta de medios e persoal facilitou os contaxios, denuncian que as carencias se manteñen e critican a falta de control por parte da Xunta, que este luns decidiu intervir dous centros da empresa DomusVi en Vigo e Cangas.
- Datos Coronavirus
- Acontece
9 gráficos para coñecer a evolución da epidemia e a situación dos hospitais en Galicia
O número de casos activos segue incrementándose en Galicia, a diferenza do que sucede, aparentemente, no conxunto do Estado. Porén, o número de novos ingresos hospitalarios reduciuse nos últimos días. Ademais, o noso país é polo momento o territorio cunha menor taxa de mortalidade, falecementos sobre o total de positivos
Os exames de selectividade tras o coronavirus quedan fixados do 7 ao 9 de xullo en Galicia
O Ministerio de Educación establecera que todas as comunidades autónomas debían realizar os exames antes do 10 de xullo. Xunta e CiUG, na que están representadas as tres universidades galegas, decidiron aproveitar ao máximo o límite fixado para a realización das probas
- Datos Coronavirus
- Acontece
Os positivos de coronavirus detectados en Galicia repuntan mentres baixa o ritmo de hospitalizacións
En termos absolutos, o número de casos detectados rexistra o maior incremento nun día ata 3.476; non obstante, o ritmo de aumento é semellante ao dalgunhas xornadas previas. O Sergas rexistra xa 79 falecementos ligados á covid-19, 18 máis que o día anterior