Acontece
- Datos Coronavirus
- Acontece
Repuntan lixeiramente os diagnósticos de coronavirus en Galicia con 14, a cifra máis alta en dez días
Ourense deixa de ser case dous meses despois a área sanitaria con maior incidencia, adiantada por Vigo, e todas elas seguen á baixa canto a casos activos
Os concellos poderán limitar a capacidade e o tempo de permanencia nas praias
A nova norma do Goberno central permite aos municipios "establecer limitacións" no número de bañistas e nas horas de estadía. O Ministerio de Sanidade elimina os límites de acompañantes nos paseos de adultos coa rapazada.
Os concellos da raia preparan protestas para esixir a apertura de máis pasos na fronteira entre Galicia e Portugal
Dende hai dous meses só se pode cruzar pola ponte entre Tui e Valença, permanecendo pechados o resto, o que provoca longas esperas e obriga a moitas persoas a dar longos rodeos para poder traballar.
A biosegurança como regime de racionalidade política
Gabriel Vezeiro-Sueiras
A CIG ve no plan da Xunta para xeneralizar a docencia online o "desmantelamento" da universidade pública de calidade
A Consellaría de Educación presentou un Programa de transformación á docencia innovadora co obxectivo de que no curso 2021/2022 a maioría dos graos sexan semipresenciais, impartíndose a docencia teórica de forma online.
- Datos Coronavirus
- Acontece
O Estado actualiza a serie histórica completa do coronavirus en Galicia, que a Xunta segue sen divulgar
O Ministerio de Sanidade vén de concluír a revisión da serie histórica da covid-19 tras a introdución de curacións sen referencia temporal por parte da Xunta, que xa confirmou que non contempla publicar unha serie completa e segue sen ofrecer datos en formato aberto. A revisión da serie histórica por parte do Ministerio recolocou no tempo uns 3.000 positivos de coronavirus en Galicia
O Covid-19, as desigualdades sociais e o papel da antropoloxía médica
Elisa Alegre Agís
Prostitución non é sexo, é poder. Non é liberdade, é explotación sexual
Sabela Álvarez Núñez
O profesorado heroico
María Xosé Queizán
- Datos Coronavirus
- Acontece
O coronavirus segue freando con 7 diagnósticos novos en Galicia e dúas mortes máis
Aos sete novos diagnósticos mediante probas PCR engádense 27 positivos en test de anticorpos. Os falecementos pola covid-19 en Galicia son xa 610 e as persoas que o Sergas reflicte como recuperadas superan as 9.600; o acumulado de persoas que deron positivo dende o inicio da pandemia chega ás 11.137
Galicia pasa á Fase 2, sen franxas horarias e máis actividade cultural, comercial e na hostalaría
A partir deste luns 25 de maio en todo o territorio galego bares e restaurantes poderán servir no interior, abrirán as grandes superficies comerciais e tamén os cines. Ademais, ningún concello manterá quendas para o paseo ou a actividade deportiva. De momento, segue sen estar permitida a mobilidade entre as distintas provincias galegas, como demandaba a Xunta