Acontece
As traballadoras da residencia de Celanova con 24 casos de coronavirus reclaman a axuda urxente das administracións
13 residentes e 11 traballadoras deron positivo trala morte dunha das internas. Este domingo e luns as únicas catro empregadas non contaxiadas tiveron de facerse cargo de 54 persoas. Alertan de que se non reciben axuda e máis persoal, está en risco a saúde de todas as internas.
Onde se confinan as persoas sen fogar? Os concellos habilitan albergues e pavillóns para acollelas
Calcúlase que 1.200 persoas dormen habitualmente na rúa en Galicia, unha cifra que Cáritas duplica. Ademais dos albergues, que deben permanecer abertos, concellos coma A Coruña, Lugo, Vigo ou Vilagarcía abriron pavillóns deportivos para aloxar estas persoas.
- Datos Coronavirus
- Acontece
As hospitalizacións por coronavirus en Galicia superan as 300 e o primeiro ingresado pola doenza sae da UCI
Os positivos detectados en toda Galicia son xa 1.170 e as persoas falecidas chegan ás 19. As recuperacións son tamén 19 e están en illamento domiciliario un total de 854 persoas.
A Xunta volve mudar a instrución ao ensino polo virus e as direccións xa non teñen que ir tres horas diarias ao centro
Dende este luns, 23 de marzo, cada dirección ten a indicación de acudir ao centro "o tempo que considere preciso" durante a alerta sanitaria polo coronavirus
A superficie dedicada a terras de cultivo en Galicia descendeu 35.000 hectáreas na última década
Dende o 2008 as terras agrarias pasaron de 475.560 a 440.380 hectáreas, unha caída equivalente a 50.000 campos de fútbol. Tamén caeu a superficie de prados e pasteiros, mentres medraba en 41.000 hectáreas a forestal. A Terra Chá foi a comarca na que máis se reduciron as terras de cultivo
As residencias de maiores galegas rexistran case medio cento de positivos por coronavirus
Están infectadas 30 persoas residentes, que preocupan pola súa avanzada idade, e 14 traballadoras. A situación que máis preocupa é a dun centro de Celanova, con 24 casos, pero hai tamén en Compostela, Vigo ou Caldas. O persoal denuncia a falta de materiais de protección
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia chega ás 260 persoas hospitalizadas polo coronavirus, 33 delas na UCI
O número total de casos de casos confirmados é de 885. Nas últimas horas producíronse dous novos falecementos, sumando xa 14. Tamén aumentaron as altas, un total de 16, con dez novos pacientes recuperados. A Coruña, con 226, segue sendo a área sanitaria con máis casos, pero medra a incidencia en Vigo, con 220
- Entrevista Coronavirus
- Acontece
"Ir ao súper non é unha escusa para saír da casa. Pedimos que a xente merque para varios días"
Falamos cun empregado dun Carrefour de Vigo, que explica a situación na que está a traballar. "Hai persoas que son moi comprensivas e agradecidas. Pero hai outra xente que pensa que fai caso omiso ás advertencias", sinala. Pide, ademais, que as empresas non abran os domingos, como permitiu a Xunta.
Aumenta a preocupación nas residencias de maiores pola posibilidade de contaxios por coronavirus
Cunha decena de casos confirmados en Galicia nestes espazos, o persoal de residencias de maiores denunciou nos últimos días a carencia de medios de protección. Rexistráronse positivos en Compostela, Vigo ou Celanova. Houbo ademais o primeiro caso nun centro penitenciario e contaxiouse unha limpadora do Hospital de Pontevedra
- Datos Coronavirus
- Acontece
O número de persoas hospitalizadas polo coronavirus en Galicia chega a 194, 28 delas en UCI
Nas últimas horas producíronse tres novos falecementos, sumando un total de 12 mortes. A cifra total de positivos ascende a 721, dos que a maioría (527) se atopan nos seus domicilios. A Coruña segue sendo a área con máis casos, seguida de Vigo e Pontevedra
O persoal de residencias de maiores, con nove casos de coronavirus confirmados, denuncia falla de medios de protección
Nun centro de Santiago están illadas 60 persoas tras varios contaxios. As coidadoras no fogar tamén notan a escaseza de materiais de protección e avisan de que algúns usuarios se están a dar de baixa por medo