Contra os pisos turísticos ilegais: os que non amosen na rede o número de rexistro serán multados
A Xunta presentou a nova regulación para as vivendas de uso turístico, que se expoñen a multas de entre 900 e 9.000 euros se nas ofertas publicadas en Internet non acompañan o código que aparece no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas. Galicia suma 9.872 apartamentos turísticos legais.