Varios concellos critican que a falta de concreción da Xunta sobre as franxas horarias nos paseos provocou confusión
Aínda que o Goberno galego declarou que a partir do venres os treitos horarios por idade se eliminaban en todas as parroquias de menos de 5.000 habitantes, a realidade é que deixou a decisión final en mans de cada localidade. Varios alcaldes e alcaldesas acusan á Xunta de indefinición e mesmo de provocar o "caos".