A Xunta conclúe a primeira fase do estudo epidemiolóxico con apenas positivos e peticións dos médicos para cancelalo
Case 52.000 persoas foron sometidas aos tests desta primeira fase do estudo de seroprevalencia do Sergas, que está a dar unha cifra ínfima de positivos e que é posto en dúbida por profesionais sanitarios, que piden que se paralice.