O 'Blue Star' queda baleiro de combustible tras máis dunha semana de traballos e o susto dunha vertedura
A ruptura dunha mangueira na recta final da extracción provocou a vertedura duns 10 metros cúbicos de combustible, parte das cales caeron á auga, onde o carburante foi tratado con esponxas. Tras a retirada das 110 toneladas de combustible e 14 de aceites, a empresa contratada pola armadora debe continuar os traballos para desencallar o Blue Star