- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia supera a barreira dos 10.000 positivos de coronavirus acumulados nunha xornada con nove mortes máis
O número acumulado de positivos da covid-19 en Galicia aumenta en 239, das que 46 foron diagnosticadas mediante probas PCR e as restantes, cos test de anticorpos. As persoas falecidas a causa da pandemia en Galicia son xa 582; seis das nove mortes coñecidas nas últimas vinte e catro horas foron de persoas que vivían en residencias de maiores