Acusan a Xunta de "facer propaganda" cunha inexistente política de recuperación do oso pardo en Galicia
PDCC, ADEGA, Ecoloxistas en Acción e SGHN demandan a redacción inmediata dun novo Decreto de Recuperación da especie en Galicia e "a paralización daquelas actuacións que deterioran o seu medio natural", como a autovía A-76, minas a ceo aberto ou parques eólicos situados na súa área de distribución