- Datos Coronavirus
- Acontece
Só tres novos diagnósticos de coronavirus en Galicia no sexto día sen mortes dende o inicio da pandemia
Na última semana abrollaron en Galicia apenas medio cento de casos novos da covid-19, segundo informa o Ministerio de Sanidade mentres a Xunta segue manexando o indicador dos "positivos activos", que descende nunha vintena e queda en 834 casos. O número de persoas na UCI con test positivo por coronavirus queda en 7 e son menos de dez por primeira vez dende o 16 de marzo