Acontece
A ministra de Educación prevé a volta ás aulas "en maio ou comezos de xuño"
Isabel Celaá afirmou este xoves que a partir do 11 de abril "avaliaremos a situación para ver se podemos asegurar unha volta aos colexios en maio". Descarta dar o curso por finalizado e di ter "absoluta confianza" en regresar ás clases presenciais "aínda que sexan 15 ou 20 días para facer un repaso xeral"
As traballadoras e as persoas internas das residencias de maiores, en "situación límite" polo coronavirus
O número de positivos pola Covid-19 nas residencias de maiores é xa de 110 (88 residentes e 21 traballadoras). Colectivos de usuarios e sindicatos alertan da falta de medios e da saturación que sofre o seu persoal
- Datos Coronavirus
- Acontece
Os hospitais galegos tratan xa case 600 persoas enfermas de coronavirus, 86 delas na UCI
O número de casos en Galicia ascende a 1.832, 234 máis ca onte, o que supón un ascenso do 14,6%. Nas últimas 24 horas duplicouse a cifra de altas (25 máis, ata un total de 47), que por primeira vez superan ao número de falecementos, que chegan a 36. Vigo segue a ser a área con máis positivos.
A Xunta permite velorios en domicilios se cumpren as mesmas medidas contra o coronavirus que os tanatorios
Limita o número de asistentes e esixe evitar as apertas e bicos pero mantén as sinaturas en libros de condolencias
Os intercambios en custodias compartidas deben manterse durante o confinamento, agás as visitas intersemanais
A Xunta de Xuíces de Familia de Vigo adoptou unha serie de criterios orientativos para os proxenitores, que son quen deben acordar o réxime nestes días, sinalando que as visitas deben manterse, pero aconsellando suprimir as que se realizan no medio da semana sen pernoita. Piden que se valore, por riba de todo, o "ben superior dos menores"
Coronavirus: o valor da verdade
Iolanda Teixeiro
“Non consta” que o Ministerio de Sanidade escatime material de protección fronte ao coronavirus, di o Supremo
O tribunal rexeita a medida cautelarísima reclamada pola Confederación Estatal de Sindicatos Médicos (CESM) de que o Goberno central entregue mascarillas a todos os centros sanitarios “en 24 horas”
Os sindicatos acusan de "deslealdade" á sanidade privada por "pechar" no medio da crise e piden que os Gobernos interveñan
UGT e CIG pídenlle á Consellería que obrigue os hospitais a "manter as súas traballadoras e traballadores", poñendo os seus recursos materiais e humanos "a disposición do sistema sanitario público". HM está a desfacerse de persoal a través da non renovación de contratos e pedíndolles que tomen agora as súas vacacións
- Datos Coronavirus
- Acontece
O número de persoas hospitalizadas polo coronavirus en Galicia achégase ás 500, con 69 na UCI
A cifra total de positivos é de 1.598, 224 máis que o día anterior, o que significa un ascenso do 16%. Por primeira vez Vigo é a área que presenta máis casos, con 396. Houbo xa 30 mortes, as últimas na Coruña e Pontevedra.
Dez consellos para pasar mellor o confinamento (e outros tantos para desinfectar a túa casa)
O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, en colaboración co Colexio Oficial de Farmacéuticos/as da Coruña, vén de publicar un decálogo de consellos "para axudar a levar mellor esta emerxencia sanitaria". Chaman a organizar rutinas, manter unha actitude positiva cara ás demais persoas, manter o contacto telemático con amizades e familia e a informarse só de fontes fiables
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia supera por primeira vez o 25% de persoas maiores de 65 anos, as máis ameazadas polo coronavirus
Tan só 12 concellos teñen máis poboación menor de 20 anos que maior de 65 e na provincia de Ourense a porcentaxe de poboación maior supera o 31%. O 17% dos maiores de 80 anos contaxiados da Covid-19 morre e máis do 50% deben ser ingresados no hospital