Acontece
O Sergas retira o plan de primaria pero a folga continúa
A presión exercida pola convocatoria de folga conseguiu que a Administración retirase o documento imposto na mesa sectorial do 17 de outubro. Porén, o paro previsto continúa activo mentres non se asuman "compromisos efectivos" por parte da Consellería, segundo informan as organizacións sindicais.
María Vázquez Suárez, a mestra socialista que o franquismo asasinou
Aurora Marco publica en Alvarellos un ensaio sobre a mestra, detida pouco depois do Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, encarcerada en Pontedeume e executada. Era "unha mestra vocacional, unha renovadora pedagóxica, unha muller progresista, militante socialista, afervoada defensora dos dereitos femininos", destaca Marco, que subliña que o papel das ensinantes ficou moitas veces "invisibilizado".
Un cento de fosas comúns: o mapa do terror franquista en Galicia
A base de datos da Secretaría de Memoria Democrática detalla 96 fosas en Galicia nas que habería máis de 1.400 cadáveres. Algunhas desapareceron e outras foron xa exhumadas, pero cando menos 34 están pendentes de intervención.
Médicos responden con máis folgas e ameaza dunha indefinida á marcha atrás do Sergas co plan de primaria
Simega convoca folga o 26, como os sindicatos da mesa sectorial (CIG, CSIF, CCOO e UGT) e O'Mega, que a amplía a 27 e 28; asembleas de médicos da Coruña e Santiago secundarana os tres días e advirte dun paro indefinido se Sanidade non rectifica.
Confinadas todas as galiñas ante a expansión da gripe aviaria
O Goberno de España decreta o confinamento de todas as aves de curral criadas ao aire libre ante o "claro risco de contaxio" da doenza pola migración de aves silvestres desde países do centro e norte de Europa, que sofren un "incremento notable" do número de focos.
Como solucionar a 'crise habitacional? O problema da vivenda, a debate en Compostela
O 14 e 15 de novembro Santiago acolle as xornadas ‘A crise habitacional’, un foro organizado pola área de Dereitos Civís da Deputación da Coruña que busca xerar un espazo de debate arredor do problema de acceso á vivenda dende múltiples perspectivas
San Simón: O resort da Memoria, a crueldade documentada e o imperativo ético do dato preciso
Gonzalo Amoedo López
Galiñas confinadas en 40 concellos: así son as medidas contra a gripe aviaria
O avance da doenza en Europa provoca medidas de prevención desde este pasado luns que inclúen o peche das aves de curral nos municipios con especial risco ou vixilancia. A Xunta comunicou este martes o décimo caso rexistrado en especies silvestres.
Aulas máis diversas na procura de inclusión real: o alumnado con necesidades medra un 15% nun curso
O número de estudantes con necesidades educativas especiais aumentou un 12% entre o curso 22-23 e o 23-24, cunha suba do 47% dende o 21-22. O alumnado con necesidades específicas de apoio pasou de 31.892 no 22-23 a 36.660 no 23-24, un 15% máis. Son moitos os centros de ensino con mobilizacións para reclamar refozos de profesorado e persoal de apoio para atender estas situacións
Terceira condena en dous anos por agresións sexuais na escola da Armada en Ferrol
O Supremo ratifica a condena dun mariñeiro por feitos ocorridos a comezos de 2023, logo de que o mesmo tribunal xa fixese o mesmo con outros dous casos de 2021, en todos con compañeiras como vítimas e con responsabilidade subsidiaria do Estado
A xeración ansiosa
Ricardo Fandiño Pascual