A suma de atrasos en oposicións da Xunta desemboca en "caos" nas escolas infantís
O adiamento do inicio do curso do 4 ao 7 de setembro, que Política Social aprobou en agosto non foi dabondo para paliar os efectos do "movemento de persoal" derivado da asignación de prazas de oposicións dos últimos anos e de concursos de traslados atrasados durante lustros. A CIG advirte de que "non se pode garantir a atención adecuada en todos os centros" cando parte do persoal aínda non se incorporou e mesmo "quedan por adxudicar máis de 30 prazas de educadoras" nun acto de elección "que aínda non ten data"