
Acontece
- Vídeos | LGx15
- Acontece
65 ideas para o futuro da lingua da man da CTNL
Dende o 2015 vén desenvolvéndose anualmente o evento LGx15, unha iniciativa da CTNL na que a través de charlas breves se busca transmitir de maneira "visual, entretida e divertida" ideas, argumentos e consellos para "influír positivamente sobre o futuro do idioma". Na novena edición participaron Paco Veiga, Carlos Airas, Magdalena Sánchez, Kiko da Silva, Fran da Lobeira e Neves Rodríguez.
- Reportaxe Escola pública
- Acontece
O alumnado de portugués duplicouse desde 2019 mais só atinxe o 4% do estudantado
A implantación do portugués no sistema educativo galego avanza a fío. Con cifras aínda modestas – o total na ESO e Bacharelato randea os 4.700- o alumnado duplicouse nos últimos catro anos en boa medida grazas ao voluntarismo do profesorado que defende “pasar da promoción bucólica” a unha política de feitos para normalizalo. Mentres, a Xunta propón 0 prazas de portugués nas próximas oposicións para o profesorado de Secundaria
45 trens afectados por unha avaría de 12 horas na sinalización de Adif na estación da Coruña
Durante boa parte do día os maquinistas tiveron que circular sen o amparo de parte dos sistemas de seguridade
Unha manifestación ante a "impunidade" na crise dos 'pellets' reclamará "transparencia" á Xunta
O domingo 21, ás doce do mediodía, unha manifestación partirá da alameda de Santiago de Compostela ata a praza do Obradoiro baixo o lema "en defensa do noso mar". Convocada por plataformas en defensa das rías, ecoloxistas e confrarías ante a "impunidade" da contaminación do mar e a falta de accións coordinadas na crise dos 'pellets' e mais de "transparencia" nas informacións desde a Xunta
A Xunta pide ao Estado once barcos, dous helicópteros e un avión para apañar sacos de 'pellets' no mar
O Goberno galego reclama agora ao Executivo central medios aéreos e mariños para intentar recoller os sacos "antes de que rompan" tras tardar días en elevar o nivel de emerxencia que permitía a axuda estatal.
"Non inhalar o po" e "evitar o contacto coa pel e os ollos": as recomendacións dun informe encargado pola Xunta sobre os 'pellets' que non fixo públicas
En caso de "vertedura accidental" é preciso "non inhalar o po" e "evitar o contacto coa pel, os ollos e a roupa cando se proceda á limpeza da vertedura". Son as recomendacións dun informe especializado que a Xunta non compartiu coa poboación que está a tratar de limpar as praias
- Entrevista | Jesús Gago Crise dos 'pellets'
- Acontece
"Que os 'pellets' non sexan tóxicos non quere dicir que non sexan un problema"
O investigador e coordinador dos traballos en lixo mariño no Centro Oceanográfico de Vigo advirte do que supón o vertido de granulados plásticos nas costas de Galicia malia seren "a punta do iceberg" dunha problemática moito máis grande.
Muros pon en marcha un plan de limpeza coa aseguradora da armadora do buque que verteu os 'pellets'
Unha empresa especializada escollida polo seguro contratou 18 traballadores do municipio para recoller o plástico nas praias. "Ante a inacción do resto das administracións decidimos buscar nós unha solución”, di María Lago, alcaldesa da localidade.
A Xunta minimiza o dano dos 'pellets' pero insta a retiralos das praias e pide contas ao Estado
O Goberno galego descarta elevar o nivel de alerta que permitiría o reforzo estatal e reclama "responsabilidades" ao Executivo central entre críticas de BNG, PSdeG e os concellos, que piden máis medios. A Fiscalía de Medio Ambiente abre dilixencias polo vertido.
Queres ir recoller 'pellets' ás praias? Velaquí as recomendacións para non provocar danos ao ecosistema
Nos últimos días centos de voluntarios e voluntarias están achegándose ao litoral para participar na recollida dos residuos plásticos. Grupos ecoloxistas difunden unha serie de consellos: acudir nun grupo coordinado con organizacións ambientais e informar os concellos, non escavar a area (só limpar a superficie), non retirar elementos naturais (cunchas, algas...) e ter coidado coa vexetación dunar.
Os 'pellets' chegan á Coruña e á Mariña mentres o Goberno central sinala que comunicou á Xunta a súa presenza o 20 de decembro
Este sábado a Delegación do Goberno en Galicia informou que xa o 20 de decembro comunicou a Xunta a vertedura. O Executivo respondía así ás declaracións realizadas polo conselleiro do Mar, Alfonso Villares, que acusara o Goberno central de ter coñecemento dos feitos "hai 14 días", sen avisar o Goberno galego ata esta mesma semana.