Acontece
Un manifesto defende a "liberdade de ensino" ante a instrución sobre "neutralidade ideolóxica"
O texto critica o "filtro ideolóxico" que a Xunta introduciría á hora de deseñar estas actividades dos centros e que, destacan, podería afectar a contidos relacionados coa "defensa dos dereitos humanos, a diversidade e o ecoloxismo". "Opoñerémonos firmemente a calquera instrución que restrinxa a liberdade de expresión da comunidade educativa", di o manifesto
"Perigo grave" e alumnado mollado e "de tres en tres": nova sentenza contra o bus escolar de Monbus
O TSXG considera "acreditados" diversos incumprimentos no transporte escolar en Muros como "deficiente estado de conservación e mantemento", "maior número de alumnos que prazas" ou instar "a cruzar a vía en lugares non permitidos"
Moraña decreta o mesmo loito para a muller falecida en Campo Lameiro e para o home que a maltrataba
Aínda que as circunstancias concretas que levaron á morte da parella nun vehículo queimado aínda deben ser esclarecidas, el contaba con varias condenas por violencia machista contra ela e unha sucesión de episodios de malos tratos que motivaran a concesión dunha orde de protección. O BNG de Moraña cualifica a "equiparación" na declaración do Concello como "indignante e profundamente inapropiada".
"O xurro, fertilizante ou veleno": piden máis control ante vertidos coma o que deixou Viveiro sen auga potable
Na noite do pasado xoves, unha bolsa de xurros dunha granxa de porcos de Muras rebentou e deixou escapar un millón de litros dende a cabeceira do río Landro. O vertido provocou a morte de milleiros de peixes e Viveiro leva cinco días coa recomendación de non usar a auga para beber, cociñar ou lavar os dentes.
Neutralidade
Xurxo Borrazás
A Pobra quere abrazar o mar: lanza un concurso de ideas para transformar a súa fachada litoral
O Concello prepara unha convocatoria pública de arquitectura, en colaboración co COAG e a Fundación RIA, que busca a mellora do espazo público e da mobilidade e con especial atención ao mercado semanal. "Trátase dunha oportunidade para repensar a relación entre o tecido urbano e o borde litoral", destaca a fundación impulsada por David Chipperfield.
Mulleres Salgadas di que o apoio de Rueda a Villares contribúe ao "negacionismo" das violencias machistas
A asociación galega de mulleres do mar Mulleres Salgadas resalta que "a violencia machista non é un asunto privado, como declarou Alfonso Villares na súa dimisión", e incide en que se trata dun asunto público
Para que serve o galego? Sobre metalingüística, PAU nas rodas e homicidios imprudentes
Nel Vidal
Carta aberta a unha vítima de agresión sexual
Encarna Otero
BNG e PSdeG reclaman a Rueda explicacións por “encubrir un presunto agresor sexual” durante meses
Tanto BNG como PSdeG puxeron o foco este sábado en pedir explicacións ao presidente da Xunta por ter "encuberto un presunto agresor sexual" durante meses, desde que tivo lugar a denuncia sobre o xa ex conselleiro do Mar, Alfonso Villares.
Nova Escola Galega rexeita a "censura" no ensino: "Non é posible nin responsable ser neutral"
A asociación explica que nunha sociedade que reclama respostas educativas a problemas como as distintas formas de violencia, o quecemento global, as diferentes formas de desigualdade ou o uso das tecnoloxías,“non é posible ser neutral, nin é tampouco responsable”, en resposta ás novas instrucións da Consellería de Educación con respecto á organización do vindeiro curso escolar.