Ciencia e tecnoloxía
Unha tese da USC conclúe que tarifas de recollida do lixo dependentes da cantidade son o camiño para xerar menos residuos
Álvaro Fernández Braña escolleu como obxecto de estudo unha experiencia piloto levada a cabo en Aveiro. "As porcentaxes de recolla selectiva de materiais reciclables tenden a ficar invariables nos últimos anos. Cómpre atopar unha maneira efectiva de responsabilizar a cidadanía dos problemas ambientais derivados dos residuos que producen", di o autor.
50 anos do editorial de Science que empoderou Ángeles Alvariño contra a discriminación das mulleres científicas
Xosé A. Fraga Vázquez
A Coruña consegue para Galicia a sede da Axencia estatal de Intelixencia artificial
O Consello de Ministros concede á cidade herculina a desexada sede da AESIA, para a que se presentaran máis dunha ducia de candidaturas. A entidade, no marco da política de descentralización de institucións do Estado, supervisará o desenvolvemento desta tecnoloxía e converterase nun factor de impulso das TIC no país.
Os pilares do firmamento
Joám Lopes Facal
Foi escrito por un galego o primeiro libro de Matemáticas publicado en América (1556)?
Xosé A. Fraga Vázquez
- Reportaxe Prestige 20
- Ciencia e tecnoloxía
O efecto do chapapote na saúde: vinte anos sen avaliar os posibles danos pola exposición a substancias canceríxenas
A plataforma de sanitarios de Nunca Máis reclamou un estudo epidemiolóxico para coñecer os efectos do chapapote nas persoas que o recollían, as administracións non o promoveron ata catro meses despois do naufraxio, cando a maior parte xa fora retirado. Aínda así, as persoas voluntarias que non eran fumadoras naquela altura mostraran un incremento de substancias potencialmente canceríxenas na súa ouriña relacionado coa maior exposición ao chapapote
As formigas e os humanos
Antonio Gregorio
Os efectos en Galicia do cambio climático xa están aquí: "vagas de calor máis longas e condicións máis favorables para incendios"
O Congreso Internacional da Asociación Española de Climatoloxía, celebrado en Santiago, advirte de que "xa vivimos nos efectos do cambio climático". Espéranse períodos de seca máis prolongados, vagas de calor máis intensas, precipitacións concentradas en menos días e máis xornadas de risco alto e extremo de que se produzan incendios forestais.
O desacordo que deteriorou a relación entre o naturalista Vítor López Seoane e Manuel Murguía
Xosé A. Fraga Vázquez
Investigadores da USC debullan a orixe do meteorito que no 2021 iluminou o ceo de Galicia: un evento que sucede cada 700 anos
Na madrugada do 18 de xaneiro de 2021 moitas persoas viron un intenso brillo no ceo nocturno, acompañado dun grande estrondo. O superbólido correspondía a un asteroide de 1,15 metros e 2,62 toneladas que penetrou na atmosfera e imactou contra o chan no Concello de Baralla, onde dous meses máis tarde foi recuperado un meteorito de 527 gramos
Aldealista, un 'Tinder' para dar visibilidade ás aldeas cun obxectivo final: fixar poboación
En novembro nace unha aplicación que busca facilitar o contacto entre aldeas abandonadas ou despoboadas e as persoas que en calquera parte do mundo poderían estar interesadas en pasar alí unha tempada -ben como turistas ou nunha estadía de teletraballo- ou mesmo marchar a vivir nelas