Ciencia e tecnoloxía
'AI-LALELO' obtén o segundo posto no Eurovisión das cancións compostas por intelixencia artificial malia gañar o voto do público
O voto do xurado deulle a vitoria á canción presentada por un equipo tailandés, aínda que peza galega foi primeira no voto popular. En calquera caso, a aposta da empresa compostelá CECUBO Group finalizou o festival confirmando o seu enorme éxito
A evolución da costa galega contada nun fío de twitter ou teses explicadas en tres minutos, premios da USC á divulgación
A Universidade de Santiago entregou os premios dos certames ‘Teses en tres minutos’ e ‘A túa tese de doutoramento nun fío de Twitter’, que buscan promover a divulgación científica entre as persoas que veñen de defender os seus traballos de posgrao.
- Entrevista | Joel Cava
- Ciencia e tecnoloxía
Chega a foliada 4.0 con 'AI-LALELO': "a intelixencia artificial pode axudar á música tradicional galega"
O vindeiro 6 de xullo o tema creado pola empresa compostelá Cecubo representará a Galicia no festival de Eurovisión das cancións compostas por intelixencias artificiais. Falamos co responsable creativo da iniciativa, no que durante meses traballou un amplo equipo.
Aforro enerxético ou loita contra as pandemias, entre os problemas aos que busca solucións un encontro internacional sobre software libre en Vigo
O Congreso esLibre inclúe tamén debates e conferencias sobre a situación actual do movemento do software libre en Galicia
'Estación Visual A Coruña': recrear e amosar como era hai milleiros de anos o espazo da actual cidade
O proxecto de reconstrución virtual do pasado da actual urbe herculina inicia unha campaña de microfinanciamento para completar a web na que amosarán os cambios xeolóxicos da península coruñesa a través do tempo, e tamén as súas edificacións en 3D en diferentes épocas, desde o Paleolítico inferior ata o final do período romano
A calidade do aire é "mala" na meirande parte de Galicia este xoves e venres pola chegada de po do Sáhara
O fenómeno comezará a percibirse este mércores no sur e no leste, nun contexto meteorolóxico marcado polo vento do sur, a calor e a posibilidade de treboadas no interior.
Dime en que diocese vives e direiche como te apelidas
Unha tese presentada na USC acha en Galicia cinco grandes rexións con características moi definidas en canto aos apelidos máis comúns e que se corresponden de forma relevante coas divisións eclesiásticas. As rexións descubertas son consecuencia de “relacións estreitas e duradeiras no tempo entre os poboadores que habitaban estas áreas”, destaca María José Ginzo Villamayor.
Galicia participa no AI Song Contest, o 'festival de Eurovisión' das cancións escritas a través de intelixencia artificial
A melodía de 'AI-LALELO' está feita a partir da copla popular A Costureira, a partir da cal o propio ordenador xerou diferentes liñas melódicas. O equipo traballou durante catro meses para chegar ao resultado final, comezando por lograr que a computadora aprendese a falar galego e a compoñer a partir dunha achega de 400 cantigas do arquivo dixital Volai-vai.
- Entrevista | Sonia Villapol
- Ciencia e tecnoloxía
"Cómpre estar alerta ante a varíola do mono. Na pandemia de COVID aprendemos a non ser arrogantes"
Falamos coa investigadora lucense Sonia Villapol, neurocientífica e profesora do Instituto de Investigación Methodist, en Texas. Destaca que "o virus da varíola do mono non é o SARS-CoV-2", xa que "ao non transmitirse facilmente de persoa a persoa, o risco para o público en xeral é baixo", pero advirte de que "se a transmisión se converte en comunitaria e non se lle pon freo, vai ser difícil de eliminar"
Os microscopios de Ramón Varela
Xosé A. Fraga Vázquez
- Entrevista | Alfredo López
- Ciencia e tecnoloxía
30 anos de CEMMA: "a situación do mar empeorou, pero compréndese cada vez máis o impacto do ser humano no medio mariño"
A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) celebra este ano o seu 30 aniversario cunha serie de actividades que buscan dar a coñecer o seu labor: tres décadas de investigación e divulgación a prol da conservación mariña e da educación ambiental. Falamos cun dos seus integrantes.