Ciencia e tecnoloxía
O Goberno central autoriza a primeira proba en 190 persoas dunha vacina contra a COVID-19
Un hospital de Santander e dous de Madrid acollerán, xunto con centros de Alemaña e Bélxica, a segunda fase de ensaio clínico da denominada Ad26.COV2.S tras unha primeira fase nos Estados Unidos
- Vídeo
- Ciencia e tecnoloxía A Coruña
Unha lupa para operar un cabalo... de mar
O Aquarium Finisterrae da Coruña realiza dúas microcirurxías para salvar a vida dun ‘Hippocampus abdominalis’
- Entrevista | Benito Regueiro Coronavirus
- Ciencia e tecnoloxía
"O virus está tratando de aumentar a súa capacidade de contaxio e semella que vai diminuír a súa agresividade"
Benito Regueiro, xefe do Servizo de Microbioloxía do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e catedrático da Universidade de Santiago de Compostela, é un dos expertos que está a asesorar á Xunta no comité clínico creado pola pandemia da Covid-19.
GAL-ESPORT. A primeira Asociación Galega de Deportes Electrónicos
Millán Brea Castro
Galicia inicia as probas dunha app móbil que dende setembro axudará a rastrexar contactos de casos de Covid19
A aplicación ofrecerá información xeral e personalizada sobre o coronavirus, servirá para facilitar o traballo das persoas que procuran os posibles novos positivos e coordinarase coa app lanzada polo Estado central, que comezará a operar xa este mes nas zonas que sofren rebrotes máis graves
Rei Zentolo, contra o algoritmo de Google: "as principais ferramentas publicitarias toman o galego como unha errata"
A empresa denuncia que o xigante tecnolóxico non acepta anuncios en galego. Falamos con Isaac González, director de marketing, que alerta de que "o feito de que Google non recoñeza o galego como lingua" afecta de forma moi ampla ao desenvolvemento do idioma na rede.
A análise de mil mostras de pacientes galegos da Covid-19 servirá para coñecer máis a enfermidade e a súa evolución
O proxecto Epicovigal, liderado polo catedrático da Universidade de Vigo David Posada, secuenciará o material xenético do virus para entender mellor a súa circulación en Galicia. Ademais, a Real Academia Galega de Ciencias premiou nun acto celebrado na USC o traballo de 20 grupos de investigación das tres universidades galegas na crise da Covid-19.
Colectivos investigadores ven insuficientes as melloras que recolle o 'Plan de choque para a ciencia'
Unha ducia de entidades de todo o Estado, entre elas a galega Investigal, celebran algunhas das medidas anunciadas, que supoñen un investimento adicional de 1.056 millóns de euros en I+D+i, pero lembran os efectos dos recortes aplicados nos últimos anos e reclaman accións máis ambiciosas
Unha década de contratos temporais sucesivos: o persoal investigador sanitario denuncia a "precariedade laboral" da Xunta
Persoal das fundacións de investigación sanitaria denuncia en rolda de prensa a negativa da Xunta "a que se acorde ningunha forma de estabilidade laboral". Din atoparse "en situación de fraude de lei, con contratos temporais prorrogados sucesivamente durante anos"
As Meninas e a ría de Ferrol, protagonistas dun concurso que dará unha semana para crear videoxogos en equipo
A Universidade da Coruña e a asociación Videoxogo.gal organizan unha game jam, que se desenvolverá de forma online e que busca fomentar a creatividade e o desenvolvemento de videoxogos en Galicia e establecer relacións entre os distintos participantes.
Tres investigadoras que foron nais durante os seus contratos quedan fóra das prórrogas concedidas pola Xunta
O Goberno galego ofrécelles unha prórroga dun mes, que as deixaría en desigualdade de condicións ante futuras convocatorias competitivas. Denuncian que "estes programas carecen de mecanismos que garantan unha igualdade real para as mulleres que deciden ser nais"