Un videoxogo de dous estudantes da UDC recrea as 'Cantigas de Santa María' de Afonso X
A produción, realizada por dous alumnos da Escola Politécnica Superior do Campus de Ferrol, gañou a game jam 'Afonso X e Galicia' convocada polo Consello da Cultura Galega e máis pola Asociación Galega do Videoxogo. O xurado destacou a "coidada" ambientación musical e visual e os seus toques humorísticos