Urxen medidas para frear "o colapso do sistema tradicional de bestas" en Galicia nun estudo presentado na Comisión Europea
Un equipo científico da Universidade da Coruña participa no proxecto europeo Life GrazeLIFE cun estudo para coñecer as achegas dos cabalos salvaxes de Galicia fronte a outras alternativas de xestión do monte e advirten do perigo de desaparición deste "legado cultural único" a curto prazo