Atopan probas da contaminación xerada pola minaría e a metalurxia na Gallaecia romana
O traballo dun equipo de investigación da USC revela a elevada presenza de metais pesados, como chumbo ou mercurio, en esqueletos atopados na necrópole da Lanzada, moi superiores aos rexistrados en restos humanos medievais. A contaminación afectaría a toda a poboación e chegaría polo aire