Ciencia e tecnoloxía
- Con vídeo Coronavirus
- Ciencia e tecnoloxía
Auga e xabrón: a razón pola que o freo ao coronavirus comeza polas mans
"O coronavirus ten unha capa de graxa que é imprescindible para el e esa capa destrúea o xabrón", explican dende o Sergas para subliñar a importancia do lavado das mans
- Entrevista | Investigal
- Ciencia e tecnoloxía
"A ciencia é un sector estratéxico para a economía de calquera país, pero aquí parece que non se ten en conta"
A pasada fin de semana constituíuse InvestiGal, un colectivo que une a investigadores e investigadoras de toda Galicia e que traballa pola "dignificación" do sector. Falamos con Zulema Varela, unha das súas voceiras, que denuncia que "hai unha completa falta de planificación por parte das administracións e das universidades"
Persoal investigador galego únese para loitar "pola dignificación do sector" e demanda máis investimento en ciencia
Medio cento de investigadores e investigadoras constituíron Investigal-Rede Galega pola Investigación. A entidade reclámalle ao Goberno Galego que "supere o atraso económico ao que está sometendo á sociedade e se coloque á vangarda internacional, entendendo a investigación como un motor de enriquecemento do país"
Olimpia Valencia, primeira licenciada galega en Medicina, dará nome á biblioteca desta facultade
Nacida en Baltar (Ourense) acadou o título en 1925 e exerceu a Medicina en Vigo durante case seis décadas. En 1937 foi detida acusada de pertencer ao Partido Galeguista e de ter relación con persoas de esquerda.
Unha investigación aposta pola labranza e o pastoreo nos montes galegos para previr os incendios
O traballo, do que é coautora a catedrática da USC Rosa Mosquera, conclúe que nos lugares que máis desenvolven sistemas agroforestais e de pastoreo hai menos lumes que nas áreas de usos exclusivamente forestais ou de mato. Así mesmo, destaca que axudan a conservar a biodiversidade e os solos e contribúen á fixación de poboación no rural
200 docentes de ensino medio desenvolven unha actividade para desmontar prexuízos sobre o acceso das mulleres á ciencia
Trátase dunha iniciativa do grupo Xuvenciencia, do campus de Lugo da USC, que se realizará ao longo deste mes, coincidindo coa celebración, este 11 de febreiro, do Día das Mulleres e as Nenas na Ciencia, impulsado pola ONU.
Os reitores das tres universidades públicas reiteran que "non existe necesidade" dun centro privado en Galicia
Un comunicado de USC, UDC e Uvigo subliña que "fronte á iniciativa privada, pensamos que os esforzos dos cidadáns, a través dos seus impostos, deben ir encamiñados a fortalecer o actual sistema universitario público". A Plataforma galega en defensa da universidade pública mobilizouse este martes nos sete campus galegos
Mulleres na ciencia: na procura dun laboratorio propio
Lucía Casas Piñeiro
Europa olla a Viana do Bolo pola "alta pureza" do coltán obtido na súa mina de estaño
Un novo procedemento do CSIC mellora a calidade do niobio e o tántalo, dous dos materiais máis valorados pola industria tecnolóxica, extraídos na parroquia de Penouta, na única explotación europea destes cobizados metais.
Dúas de cada tres entidades de poboación galegas carecen de acceso a Internet de calidade
Practicamente toda a Galicia rural atópase nas 'zonas brancas' definidas polo Goberno central, lugares "que non dispoñen de cobertura de redes de banda larga de nova xeración, nin previsións para a súa dotación". O noso país é o territorio do Estado con máis fogares nesta situación.
Contra as pseudoterapias
Comissom de Cultura Científica da Gentalha do Pichel