Investigadores da USC confirman a relación entre a actividade continuada de bricolaxe e o cancro de pulmón
O estudo conclúe que as persoas que levaron a cabo estas tarefas durante máis de dez anos teñen o dobre de risco de padecer esta enfermidade, sexan fumadores ou non. Recomendan traballar en lugares con boa ventilación e empregando medidas de protección.