O colectivo investigador reclama a prórroga dos seus contratos paralizados por mor do coronavirus
As medidas excepcionais provocaron o peche dos centros de traballo onde habitualmente realizan o seu labor, o que afecta á duración de moitos contratos temporais. O Real Decreto aprobado polo Goberno central protexe unicamente ao persoal financiado por programas públicos estatais.