A Galipedia apágase durante tres días para protestar contra a proposta de directiva de dereitos de autor da UE
A proposta votarase este martes 26. A comunidade da Wikipedia en galego alerta de que "se a proposta se aproba no seu formato actual, podería ser imposible compartir un artigo de noticias nas redes sociais ou atopalo a través dun motor de procura"