Ciencia e tecnoloxía
2019, ano internacional da táboa periódica de elementos... tamén en galego
A Unesco celebra este ano os 150 anos da clasificación divulgada polo ruso Mendeleev, da que Moléculas en Galego vén de divulgar a súa versión galega
O ano que as baleas volveron a Galicia
Cada vez son máis habituais os avistamentos de cetáceos nas costas galegas, rexistrados por entidades como o instituto BDRI ou a CEMMA, que alerta do perigo crecente que representa a presenza de plásticos no océano e tamén as mortes causadas pola pesca accidental.
O cuarto satélite da Universidade de Vigo, en órbita dende este xoves para loitar contra o lume
O LUME-1, que será lanzado dende Siberia nunha nave Soyuz, servirá de conexión para os microsensores instalados nos montes e para avións non tripulados que participarán no sistema de detección de incendios. Toma o relevo de XaTcobeo (2012), Humsat-D (2013) e Serpens (2015).
Os orzamentos das tres universidades galegas seguen sen recuperar o nivel anterior á crise
As contas para o 2019 da Universidade de Vigo sitúanse lixeiramente por riba das de hai unha década, pero as de Santiago e A Coruña están aínda por debaixo. Durante a crise o persoal docente e investigador das tres institucións reduciuse en 400 traballadores.
- Entrevista
- Ciencia e tecnoloxía A Coruña
"Cando un contido se volve viral é porque reforza a identidade colectiva de quen o comparte"
El Hematrocrítico e Felipe G. Gil (ZEMOS98) conversan este martes na Coruña (Domus, 19 horas) sobre as novas narrativas dixitais, o humor en Internet e o uso que facemos das redes sociais. Falamos con eles
"Hai moitos beneficios en ter unha hora distinta no inverno e outra no verán"
REPORTAXE | O Consello da Cultura acolleu o debate É racional o cambio estacional de hora? Falamos con José María Martín Olalla, profesor da Facultade de Física da Universidade de Sevilla, e con Rui Jorge Agostinho, director do Observatório Astronómico de Lisboa e autor do informe que recomendou ao goberno portugués posicionarse en contra da eliminación do cambio.
Unha rede de estafa por internet, tras o anuncio falso de Amancio Ortega e a súa operación para “salvar España”
Analizamos como funciona a última gran campaña de fraude que usa a imaxe do empresario galego e apela á filantropía para enganar aos usuarios
Feijóo gábase do investimento da Xunta en I+D tras desviar 2,5 millóns deses cartos ao novo edificio do Gaiás
“Innovar significa apostar pola investigación aberta con centros tecnolóxicos e universidades”, di o presidente despois de que o seu goberno xustificase o transvasamento de fondos co argumento de que o bloque de oficinas da Cidade da Cultura será usado polas universidades
Robots galegos na Coruña para a primeira Mobile Week fóra de Barcelona
O Centro de Investigación TIC da Universidade da Coruña impulsa dous talleres de robótica para alumnado de terceiro curso de Primaria
O Oceanográfico de Vigo confirma que deu reproducido o polbo en catividade
As fases futuras da investigación van ser desenvolvidas sobre a base dun contrato do IEO con Nueva Pescanova, empresa con "opción preferente de licenza da patente". Prevén que poida chegar ao mercado nuns cinco anos
Xouva Boats: Os barcos eléctricos chegan ás rías galegas
O enxeñeiro vigués José Manuel Ballester desenvolveu un prototipo (o Xouva 4.90) que conta cunha autonomía de seis horas e pode ser pilotado sen titulación. Pensado para uso turístico e de ocio, entre as súas vantaxes están a ausencia de emisións contaminantes e de ruído. Neste momento busca compradores para iniciar a súa produción en serie