Ciencia e tecnoloxía
A Valedora insta a Xunta a "axilizar" a adaptación a software libre de equipos e programas
A análise realizada pola institución saúda os avances do Goberno galego cara ás tecnoloxías abertas, pero salienta que un 45% dos formularios web que emprega a administracións xeran aínda problemas para os usuarios e usuarias que utilizan sistemas e aplicacións libres
O 'Faneka Gaming' converterá Cangas na capital galega dos eSports
O evento celebrarase co 21 ao 23 de xullo no IES de Rodeira, con competicións e premios en metálico, demostracións de Realidade Virtual, presentacións de empresas independentes de creación de videoxogos ou unha zona retro con torneos de varios títulos clásicos e unha mostra de consolas e ordenadores de distintas épocas.
Tres traballos galegos, premiados no certame de divulgación 'Ciencia en Acción'
As Vídeoleccións XeoClip de Xacobo de Toro e Adela Otero gañaron da categoría de Curtas Científicas. Einstein para perplejos e ¿Cómo llegó la vacuna de la viruela a América? recibiron senllas mencións de honor.
A Wikipedia pecha este mércores en protesta pola directiva europea que "impón barreiras" á "Internet aberta"
A comunidade galega da enciclopedia libre alerta de que a nova normativa de dereitos de autor "podería ser imposible compartir un artigo de noticias nas redes sociais ou atopalo a través dun motor de procura" e afirma que "a mesma Wikipedia estaría en risco"
O CEMMA rescata o seu golfiño número 3.000 en Galicia e alerta da súa mortalidade por pesca accidental
A entidade iniciou a súa actividade en 1990 e só no que levamos de 2018 localizou 96 exemplares desta especie varados nas nosas costas. Calculan que máis de 200 golfiños morren cada ano por capturas accidentais de pesqueiros galegos e tamén subliñan o prexuízo causado polos plásticos.
Un estudo da USC localiza e clasifica os 3.374 petróglifos coñecidos en Galicia
Carlos Rodriguez Rellán, Alia Vázquez Martínez e Ramón Fábregas Valcarce veñen de publicar un traballo que destaca a preeminencia de gravados xeométricos (cazoletas e combinacións circulares) fronte aos naturalistas (zoomorfos ou armas) e analiza a súa distribución xeográfica no país.
Restos achados en Burela axudan a confirmar migracións de baleas entre Mediterráneo e Atlántico norte hai 1,8 millóns de anos
A investigación, dirixida por Alberto Collareta da Universidade de Pisa, empregou para a súa confirmación uns cirrípedos que foran atopados nun exemplar de balea xibarte varada en Burela en 2011 e que foran recollidos por CEMMA
Alumnado de secundaria de Vila de Cruces lanza unha revista de matemáticas en galego
É unha iniciativa do IES Marco do Camballón, que inclúe sete traballos realizados por rapaces e rapazas de 2º de Bacharelato. Trátase dunha publicación anual e para o vindeiro número quérese abrir á recepción de textos doutros centros de ensino de Galicia
Ponte Caldelas suma 37 terremotos na última semana
O fenómeno, denominado enxame sísmico, comezou o pasado martes e seguiu reproducíndose aínda este domingo. O de maior magnitude tivo unha intensidade de 3.2 graos na escala Richter. Algúns dos tremores sentíronse nas bisbarras próximas.
Pódese contar a ciencia en galego?
REPORTAXE | Neste Día das Letras falamos con profesionais da divulgación e a investigación para preguntarlles polas dificultades que en ocasións atopa o idioma galego para normalizar o seu uso en ámbitos científicos ou técnicos ou polo veto ao ensino de Matemáticas, Física e Química na lingua propia do país.
"Asumamos que a lingua non é só parte central da nosa identidade, senón tamén unha oportunidade"
ENTREVISTA | O 16 de maio de 2014, hai catro anos, Galicia recibía oficialmente o dominio .gal, que xa se achega aos 5.000 rexistros. Falamos con Darío Janeiro, director xeral da Asociación PuntoGal. Este 17 de maio, ademais do Día das Letras Galegas, celébrase o Día de Internet