A resistencia, o soterrado, a intemperie e a imperfección: un percorrido polos filmes da sección Sinais do (S8)
A sección Sinais do festival (S8) proxecta este ano filmes de Alberto Gracia, Xacio Baño, Eloy Domínguez Serén, Sol Mussa, Marta Valverde e Helena Girón e Samuel Delgado, aos que dedica o seu foco especial. Os filmes destes cineastas amosan algunhas confluencias, como a aposta polos formatos non dixitais ou a reflexión sobre o subterráneo ou a falta de referentes de vidas precarizadas.