'Negro púrpura' abre a Mostra de Cinema Etnográfico, que afonda na memoria histórica con perspectiva de xénero
A Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE) do Museo do Pobo Galego inaugúrase este martes co documental que afonda na historia do "LSD do centeo". O evento combinará ata o vindeiro sábado as proxeccións presenciais e os visionados en liña.