Alianza da RAG coa Academia Brasileira: "A nosa lingua non é local, é internacional"
O intercambio de investigacións será o inicio da colaboración entre as institucións galega e brasileira, que o presidente da RAG encadra no "territorio cheo de posibilidades para o galego" que é "a familia na que están os irmáns de Portugal, do Brasil, de Angola, Cabo Verde, Mozambique..."