- Con vídeo
- Cultura
'Descúbreas': o espazo para que as mozas ocupen o lugar que lles corresponde no mundo da música
A Deputación de Pontevedra lanzou unha iniciativa que busca visibilizar a todas as mulleres que traballan na industria musical: artistas, pero tamén sonidistas, produtoras, representantes ou programadoras. Inclúe recursos formativos, debates, un foro de consultas, un directorio de profesionais e tamén un programa de mentoría no que oito mozas pontevedresas traballarán dous meses con persoal especializado