Agadic confirma a supresión da Dirección do Centro Coreográfico Galego, que sofre un recorte orzamentario do 66%
Nunha xornada organizada polo Consello da Cultura sobre 'O estado da danza en Galicia', Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais, sinalou que o Centro Coreográfico podería deixar de existir como unidade de produción e os seus responsables carecerían da capacidade executiva, limitándose a "propoñer"