- Entrevista | Elena Ferro
- Cultura
"Ao levar zocos camiñas distinto, medras cinco centímetros e mesmo podes dar unha boa patada. É empoderador"
Non hai moitos anos desde que comezaron a verse pola rúa, ou nos teatros, ou en todo tipo de festas, xeitosos e coloridos zocos semellantes aos tradicionais, pero que eran outra cousa. Son os de Eferro, o obradoiro familiar de Elena Ferro, que vén de gañar o Premio Nacional de Artesanía do Ministerio de Industria. O seu traballo xa fora recoñecido en Galicia e agora pode selo aínda máis