Cultura
Sesé Mateo: a palabra que resiste a morte
'No camiño do vento' recolle os poemas desta muller, que non chegou a velos publicados tras ser asasinada hai dous anos polo seu ex-compañeiro. Os seus fillos e amizades decidiron que visen a luz, como un xeito de rebeldía e para lanzar a mensaxe de amor e solidariedade que conteñen.
Manuel Rivas e Craig Patterson, galardoados do Premio Ostana de escrita en lingua materna
A vila de Ostana, no norte de Italia, e a Asociación Cultural Chambra d'Oc recoñecen todos os anos dende hai unha década a autores e autoras en linguas minorizadas. Rivas recibirá o Premio Internacional e Patterson o Premio á Mellor Tradución
- Entrevista | Eva Mejuto
- Cultura
“Por que coñecemos perfectamente a historia de Oscar Schindler e non temos idea do que pasou no noso propio país?”
Houbo unhas Schindler galegas, as irmás Touza, que salvaron dunha morte segura a moreas de xudeus que fuxiron do nazismo por Portugal. Eva Mejuto recrea a súa historia en Memoria do silencio (Xerais)
Sen audiovisual non hai País
Xoán Antón Pérez-Lema
As fronteiras e os exilios dende un enfoque de xénero centran a Mostra Internacional de Cinema Etnográfico
A 14ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego (MICE) celebrarase do 25 ao 31 de marzo. Ademais, a MICE afondará na relación entre música e etnografía e estreará en Galicia o filme Alentejo, Alentejo
- Entrevista | Gaizca Project
- Cultura
“Se cadra nós, por estar en Bruxelas, podemos expresar o que a xente no país non ten liberdade para dicir”
Galego, catalán e éuscaro. Gaita, txlaparta e gralla. Inquedanzas semellantes: a defensa das linguas e culturas minorizadas, a liberdade de expresión ou o dereito a vivir no propio país uniron as e os integrantes de Gaizca Project, o Galeusca musical, nacido entre Bruxelas, Manresa e Euskadi da man das galegas Ialma, o catalán Manu Sabaté e o vasco Iñaki Plaza
'A sombra da lei' triunfa nos Mestre Mateo con 10 premios
O filme de Dani de la Torre obtivo o galardón á mellor longametraxe e mellor dirección. E Trote, de Xacio Baño, fíxose con 5, entre eles o de mellor guión. A gran noite do audiovisual galego homenaxeou a traxectoria de Mela Casal
- Entrevista | Quico Cadaval
- Cultura
"O teatro non debe ser moi asertivo. Ten que convocar o diálogo posterior e non dar respostas"
“Como sería o mundo se o cinema non tivese sido inventado?. Horríbel”. Estas palabras marcan o principio e o final de ‘Carpe Diem’, a primeira montaxe galega dunha obra de Rubem Fonseca. Falamos con Quico Cadaval, que dirixe nesta peza a María Costas, Marcos Vieitez, Víctor Mosqueira e Mon Orencio.
- Reportaxe
- Cultura
Da infancia, da lenda, do paradoxo ou das preguntas sen resposta: guía para vogar entre as curtas finalistas dos Mestre Mateo
A nena azul, Soy una tumba, Limbo, Mouras, Peixes, Beautiful Boy ou Fin de la cita poden estar entre as gañadoras na gala que se celebra este sábado. Falamos coas súas directoras e directores
Palabra de Muller: Lembrando a Luísa Villalta no 15º cabodano do seu pasamento
O Centro Ramón Piñeiro acolle o vindeiro mércores 6 de marzo unha xornada de homenaxe e análise da obra da escritora, finada na Coruña no ano 2004. Estíbaliz Espinosa, Inma Otero, Inma López Silva e Miriam Ferradáns participarán nunha mesa redonda
A creación dixital galega pasa polo Carballo Interplay
A 6ª edición do Carballo Interplay terá lugar do 3 ao 6 de abril. Pero o festival de contidos dixitais xa quece motores con actividades que o confirman como o gran espazo de impulso da creatrividade galega na rede.