Quen descubriu realmente os fragmentos do 'Livro da Montaria' en Lugo?
O investigador Andrés Díaz denuncia que solicitou a dixitalización dos documentos seis días antes do anuncio da "descuberta" por parte de dúas traballadoras do arquivo provincial. Acúsaas de "adiantarse sen citar ao autor do achado, nunha manobra, como mínimo, pouco elegante"