Cultura
A BD galega que vén
O pasado ano publicáronse 20 títulos en lingua galega, unha cifra que pode parecer modesta pero que supón un incremento notable con respecto ao ano precedente. 2013 foi un ano de expansión para a BD en galego, mais as opinións que chegan do sector editorial convidan a sermos prudentes nas valoracións.
Chévere prepara un “espectáculo contra Galicia”, un país de ananos “no que o goberno non quere gobernar”
A compañía estreará o 31 de marzo a súa nova montaxe, Viaxe ao país dos ananos, coa que celebrarán os vinte anos das Ultranoites e coa que percorrerán a historia de Galicia das últimas décadas.
O teatro, "arma de organización masiva"
Camilo Franco lerá o Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro na gala dos María Casares. "Agora que todo imita os escenarios tentando facer pasar por comedia os padecementos, que pode haber máis importante que o teatro?", pregúntase.
Heredeiros da Crus preparan unha festa galega en Madrid
O concerto terá lugar o 31 de maio na Sala Shoko. A banda fletará varios autobuses e á chegada haberá un xantar de confraternización entre os fans procedentes de Galicia e os residentes en Madrid
Frei Rosendo Salvado, moito máis ca eucaliptos
O Consello da Cultura Galega acolle os vindeiros 3 e 4 de abril un simposio internacional sobre a figura do frade bieito tudense, que a mediados do século XIX levantou unha misión en Australia e chegou a ser bispo de Perth. Neste ano celébrase o bicentenario do seu nacemento.
"Non hai política audiovisual. E non creo que sexa unha cuestión ideolóxica, é ignorancia simplemente"
Manolo González será homenaxeado o vindeiro 12 de abril na gala dos Mestre Mateo. Recibirá o premio de honra Fernando Rey pola súa "paixón e compromiso pola profesión". Falamos con el sobre o pasado, presente e futuro do audiovisual galego, que tan ben coñece.
A noite compostelá, silenciada ata nova orde
A dilación do Concello na sinatura dun convenio obriga os locais hostaleiros do centro da capital a suspender indefinidamente a súa programación cultural ata que volvan ter garantías legais
"Adiós ríos, céad slán le tobair, adiós regatos pequenos"
Unha profesora galega desenvolve un proxecto con alumnado de Irlanda do Norte sobre a figura de Rosalía de Castro no que o alumnado recita 'Adiós ríos, adiós fontes' en galego, inglés e gaélico. Vídeo no interior
“O teatro debe poñer o mundo a andar"
O xornalista Camilo Franco será o encargado de ler durante a Cerimonia dos Premios María Casares o Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro. Destaca que “o mundo é totalmente teatral e por iso debemos atender o teatro para solucionar os nosos problemas”
'A conta atrás', a gran novela (gráfica) sobre o Prestige, terá segunda parte
Carlos Portela (guionista) e Sergi San Julián (debuxante) veñen de iniciar unha campaña de crowdfunding para publicar a agardada continuación do cómic, pubicado en 2008 con excelentes críticas e prólogo de Manuel Rivas. Miguelanxo Prado é o encargado de prologar esta nova entrega.
A "paixón" de Manolo González polo audiovisual, premio de honra
Recibirá o galardón Fernando Rey da Academia Galega do Audiovisual do vindeiro 12 de abril na cerimonia dos Mestre Mateo. Destacan o seu "compromiso" coa profesión, posto de manifesto na creación e impulso da Escola de Imaxe e Son da Coruña e na súa xestión á fronte da Axencia Galega do Audiovisual.