- Entrevista | Xosé Manuel Núñez Seixas
- Cultura
"Os estereotipos teñen dúas caras. Os galegos, por seren pouco formados, eran 'traballadores submisos' para os empregadores"
Durante varias xeracións mantívose en Arxentina un estereotipo negativo, aplicado aos galegos, que eran vistos como persoas brutas, pouco formadas, sucias, aínda que -iso si- traballadoras e honradas. En Os inmigrantes imaxinados. A identidade Galega na Arxentina (1780-1960), publicado por Galaxia, Xosé Manuel Núñez Seixas explora as orixes e evolución desta imaxe negativa e, ademais, a conformación da identidade da colectividade galega no país.