- Entrevista | Paula Cons
- Cultura
"Intento facer unha película sexy de dúas persoas non normativas que resultan absolutamente atractivas e interesantes"
Paula Cons está inmersa na rodaxe da película O meu Ilustrísimo Amigo, unha longametraxe de ficción baseada na relación entre Emilia Pardo Bazán e Benito Pérez Galdós. A correspondencia entre estes destacados literatos permite saber da paixón que compartiron e nela se centra o filme, que se poderá ver na TVG e na Televisión Canaria no vindeiro ano