- Entrevista | Zósimo López
- Cultura
"As verbenas son un 'pegamento social' que conecta a xente coas súas aldeas e os seus barrios"
As verbenas e festas populares son probablemente a manifestación cultural máis importante de Galicia, cando menos se atendemos á cantidade de xente que atraen e á súa pegada económica e social. Porén, ata agora non son moitos os estudos e investigacións que afondaron neste fenómeno e no seu ecosistema e ás súas implicacións culturais. A Biblioteca de Galicia organiza a Xornada técnica Transformando a música en patrimonio, que afondará nas verbenas e no estado da súa investigación ou no testemuño material que deixaron