Cultura
'O pequeno poni': o cara a cara duns pais que se enfrontan ao acoso escolar do seu fillo
Redrum Teatro estrea 'O pequeno poni', unha obra na que se aborda o acoso escolar desde a óptica adulta e sitúa o foco na discriminación e a violencia derivadas da "ditadura do normativo". "Na obra están os adultos pensando e decidindo sobre os nenos e as nenas, pero sen os nenos e as nenas", di a actriz Laura Míguez
A Xunta crea o Observatorio Paz Andrade para mellorar o "consenso político e social ao redor da lusofonía"
O novo organismo, do que formarán parte representates do Goberno galego, institucións económicas e culturais e entidades galegas de relación con Portugal e co ámbito da lusofonía, deberá asesorar "na incorporación da perspectiva lusófona"
Unha lingua minoritaria acada o premio Nobel
L. C. Carballal
De Compostela a Ortoño: recrean a xuntanza fundacional do Seminario de Estudos Galegos cunha andaina e un xantar popular
Cen anos despois da constitución de Seminario de Estudos Galegos, este xoves un grupo de representantes da cultura galega repetiu esa mesma andaina para conmemorar esta destacada efeméride, que marcou unha senda de coñecemento que continúa vixente na actualidade
ButacaZero percorre a vida de Manuel Fraga en 'Iribarne', unha obra contra o "silencio tácito" arredor da historia recente
A obra, con texto de Esther Carrodeguas e dirección de Xavier Castiñeira, analiza con humor e irreverencia a biografía de Manuel Fraga
- Entrevista | Isabel Peña
- Cultura
"O cinema de autor con mirada feminina está a ter agora un xusto oco"
A guionista de 'As Bestas' Isabel Peña pasa a semana na Illa de Ons como titora de catro proxectos de cineastas emerxentes que participan na primeira residencia do festival FICBUEU
Os premios aRi[t]mar celebran, con récord de participación, a mellor cultura galego-portuguesa do ano
Na gala, que terá lugar este martes en Compostela, recibirán o seu premio e actuarán Fillas de Cassandra e o grupo portugués Retimbrar, cos que colaborou Uxía. No apartado poético os galardóns son para a galega Arancha Nogueira e a lusa María Isabel Fidalgo. Ademais, recoñécese o labor da Associação Jose Afonso na promoción da amizade entre os dous pobos.
As entidades culturais do país homenaxean Xaquín Marín como "cronista gráfico da Galiza popular"
O Teatro Jofre de Ferrol acolleu un acto organizado por Galiza Cultura. A responsable do Museo do Humor de Fene, Almudena Marcos, o debuxante e grafista Siro López Siro, a pedagoga Pilar Sampedro e o deseñador Pepe Barro interviron nunha gala conducida por Quico Cadaval
O OUFF despide a súa "mellor edición" con outra homenaxe ao cine galego e a 'O Corno'
Jaione Camborda recibea Calpurnia Xacobeo á Mellor Película e o Premio á Mellor Dirección na sección galega dun festival que homenaxeou a Loles León, que lembrou o seu papel en 'Sempre Xonxa' hai 34 anos.
- 📺
- Cultura
'Saber Galiza': o documental que narra a historia do Seminario de Estudos Galegos está de estrea
A peza de Nós Televisión pretende "unha viaxe ao longo do territorio e do tempo para divulgar a sabedoría, o legado e o arquivo do Seminario de Estudos Galegos, descoñecidos para a meirande parte das galegas e dos galegos".
- Entrevista | María Villamarín
- Cultura
"Onde me sinto máis cómoda é escribindo as cousas que me pasan"
María Villamarín publica 'Diario de dúas casas' (Euseino? Editores), o seu primeiro libro. Non levaba un diario de nena, isto de escribir en cadernos chegoulle xa na carreira, pero asegura que é un hábito que non pensa deixar. Falamos coa autora ourensá deste libro híbrido para ler repousadamente que achega as lectoras ao movemento de quen sempre está indo e vindo dun lugar.