A gala aRi[t]mar celebra por primeira vez na outra beira do Miño a cultura común de Galicia e Portugal
Braga acolle este sábado unha reedición da gala 2023, que tivo lugar en outubro en Compostela e na que se entregaron os premios ás mellores cancións e poemas do ano en Galicia e Portugal. Servirá de peche ao Congreso Internacional de Estudos Galegos, que comeza este mércores na cidade bracarense.