Cultura
'O Corno' e 'Matria' conquistan os Mestre Mateo na noite con máis mulleres premiadas do audiovisual galego
A XXII edición dos Premios Mestre Mateo deixa un palmarés protagonizado polas mulleres profesionais do sector, premiadas na maioría das categorías
- Entrevista | Eva Veiga 40 anos da CRTVG
- Cultura
"O inicio da TVG foi un momento histórico para o país, foi a primeira vez que Galicia se miraba a si mesma"
Eva Veiga recibe este sábado o premio de Honra Fernando Rey na Gala de entrega dos premios Mestre Mateo. A Academia do Audiovisual destaca que a poeta "forma parte dunha xeración pioneira que fixo posible unha televisión pública comprometida coa información, a divulgación e a construción da identidade de varias xeracións de galegas e galegos"
- Entrevista | The Rapants
- Cultura
"O que buscamos é afrontar todo o que poida xurdir no noso día a día evadíndonos das malas vibras a través da música"
The Rapants, que son Xanma, Xaquín, Samuel e Matías, levan uns meses que probablemente non contaban nin eles, pero ás veces o traballo dá os seus froitos e quen sabe o que ten que pasar para que unhas cancións cheguen á xente con tanta forza. Sexa o que sexa, co seu terceiro álbum, La máquina del buen rollo, os de Muros deron na tecla axeitada: nove cancións que a xente da súa xeración (e a das máis veteranas) quere cantar e bailar sen parar.
The Rapants : La Máquina del Buen Rollo
Noel Feáns
Dos lavadoiros á Revolução dos Cravos: as curtas galegas na Mostra Internacional de Cinema Etnográfico
'Lavadoiro', de Ana Amado e Lois Patiño; 'A revolución (é) probábel', de María Ruido, Paula Barreiro-López e Lee Douglas; 'Habitar', de Anxos Fazáns; e '12 de maio de 1937', de Mar Caldas, son as curtametraxes galegas que compiten na 19º edición da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico que organiza o Museo do Pobo Galego
'Unha inimiga do pobo', de Talía Teatro, triunfa nos María Casares con sete premios
A obra de Talía Teatro levou, entre outros, os galardóns ao mellor espectáculo, dirección (Tito Asorey, de forma compartida con Quico Cadaval e O auto do Castromil), actriz protagonista (María Lado), actor secundario (Toño Casais) e Mellor adaptación-tradución (Vanesa Sotelo e Tito Asorey)
A ferida imaxinaria de Berta Dávila: a evasión e os camiños cruzados
Laura Paz Fentanes
O sector da dobraxe saca á rúa a súa loita laboral: "Levamos 18 anos cobrando por baixo da lei"
Actrices, actores e outro persoal do sector manifestáronse este domingo en Santiago. O persoal denuncia que o seu "incumprido" convenio colectivo data de 2006, que nin sequera perciben "as subas do IPC" e que as empresas lles pagan o traballo en castelán un 25% por baixo do estipulado
V Semana do Cinema Galego: 45 candidaturas aos Mestre Mateo en cinco días de película na Coruña
O Teatro Colón acolle oito proxeccións dalgúns dos fitos do cinema galego do último ano na semana da entrega dos premios Mestre Mateo, que se celebra o día 23 no Coliseum
- Entrevista | Cris Iglesias
- Cultura
"Apetéceme gobernar as miñas ideas"
A actriz coruñesa Cris Iglesias participa no filme Tratamos demasiado bien a las mujeres, con produción galega por parte de Ficción Producciones e rodado en Vilalba, que xa está en cines. Con ela repasamos os seus últimos proxectos, o momento no que se viu capaz de chegar a ser unha actriz profesional grazas a unha serie da TVG e as contradicións que acompañan as mulleres na industria do audiovisual.
- Entrevista | María Barcala
- Cultura
"O teatro é un medio de expresión que debe formar parte dunha comunidade e permitirlle reflexionar dun xeito pacífico"
A actriz María Barcala recibe o Premio de Honra Marisa Soto que concede a Asociación de Actores e Actrices de Galicia tras máis de corenta anos no mundo da escena. "O teatro chamoume a atención dende sempre, forma parte do xogo e da nena interior que levo dentro. Dalgunha maneira, conseguín que fose a miña vida", asegura