- Reportaxe As Letras de Luísa Villalta
- Cultura
Luísa Villalta para o público infantil e xuvenil desde o compromiso, a estética, o estímulo e a coherencia
Este ano das Letras a conexión das autoras coa poboación máis nova permite achegar a súa obra con outros enfoques, buscando o interese desde as experiencias compartidas e as referencias máis recoñecibles. As múltiples faces de Luísa Villalta como artista, da música á poesía, do ensaio ao teatro, da ensinanza ao activismo social e político deron ao prelo tres obras deliciosas para o público infantil e xuvenil, pero non só. Estes libros serven de ponte para chegar a outras publicacións e para seguir afondando na obra da que foi 'Señora das Letras' en 2022 e agora volvemos celebrar no Día das Letras Galegas promovido pola Real Academia Galega