- Entrevista | Claudio Pato
- Cultura
“As mans poden, pese ao peso da historia do patriarcado, acariñar”
Tratamos de disolver a suxeición do antropoceno, de formar outros parentescos, de volver ao común dun río, dunha montaña, dunha araña. Con palabras coma estas explica Claudio Pato o sentido do seu último libro, corona* e a inxunción das n articulacións libres (Saurobuks). 55 ideas -el chámalles articulacións- que xurdiron da conversa entre o seu propio corpo e outros seres vivos ou obxectos cos que se relacionou durante o confinamento motivado pola pandemia.